Land Rover

Suso de Toro

184 pages, Paperback

ISBN: 8483022494

ISBN13:

Language: Galician

Publish: 908953200000

n Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unha obra singular, bicéfala, pechada en si mesma coma un círculo perfecto no que se inscriben a fábula e a historia, mito e realidade. Suso de Toro dálle a volta á historia bíblica da xénese e, agora, é Abel quen mata a Caín cunha chave inglesa. (José F. Ruíz Casanova, El Observador,Bbarcelona). Con Land Rover Suso de Toro demostrou ter un mundo na cabeza e unha voz propia capaz de crear vidas recoñecibles. Recoñecibles e auténticas, porque nos fan rir e chorar, pensar e maldicir, odiar e querer. E iso, non outra cousa, é ser un bo escritor. (Miguel Suárez Abel, El Correo Gallego,Ssantiago). Land Rover é unha gran novela, desenvolta entre os límites rural e urbano. Escoitando os seus seres paréceme entrar en calquera bar galego (canto máis cutre, mellor). pero é que, ademais, son personaxes desinhibidos, realistas e sucios.

Leave a Review

Your email address will not be published. Required fields are marked *